Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os filmes “AMAL” e “A GRAN ESCAPADA”.
AMAL, un filme magnífico e impactante sobre unha mestra que se enfronta á censura dos extremistas, un thriller implacable, conmovedor e ao mesmo tempo alarmante.
Sinopse: Amal, unha profesora francesa dun instituto en Bruxelas, crea un método didáctico baseado en animar aos seus alumnos a cultivar o amor pola lectura, defender a liberdade de expresión e promover a tolerancia. Sen embargo, as súas ideas molestan a algúns compañeiros e alumnos, vinculados co extremismo islámico, contrario e totalmente oposto ao seu método de ensino. Amal mantense firme pensando que se o interiorizan a súa actitude pode mellorar e especialmente, cando ten que axudar a Monia, unha das súas estudantes, unha moza reservada a quen veñen de atacar, acosar e ameazar por sospeitas sobre a súa homosexualidade.
A outra estrea da semana é “A GRAN ESCAPADA“, filme baseado en feitos reais. Unha conmovedora historia real, con dous grandes do cine, Michael Caine e Glenda Jackson que desprenden unha clase inigualable nos seus papeis protagonistas cunhas interpretacións soberbias.
Sinopse: No verán de 2014 Bernard Jordan, un home de 89 anos que participou na Segunda Guerra Mundial, decide escapar da residencia na que vive coa súa cónxuxe para viaxar a Francia e unirse ás celebracións que conmemoran o 70 aniversario do Desembarco do Día D nunha praia de Normandía.