Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os filmes “A VIRXE VERMELLA” e “EMMANUELLE”
“A VIRXE VERMELLA”, dirixida por Paula Ortiz na súa mellor película ata agora, cunha Najwa Nimri espectacular que brilla con este perturbador personaxe.
Sinopse: Hildegart é concibida e educada pola súa nai, Aurora, para ser a muller do futuro, converténdose nunha das mentes máis brillantes da España dos anos 30 e nun referente sobre sexualidade feminina. Aos seus dezaoito anos comeza a experimentar a liberdade e coñece a Abel Velilla con quen explora un novo mundo emocional e, pouco a pouco, vaise desmarcando do férreo niño materno. Aurora decátase e, temendo perder o control sobre a filla, fai todo o posible para evitar que a filla se afaste.
A outra estrea da semana é “EMMANUELLE”, remake do filme de 1974 que se centra na viaxe a Hong Kong dunha muller e que se dedica a explorar a vida sexual do hotel no que traballa.
Sinopse: Emmanuelle está a buscar un pracer perdido. Un día, a cadea de hoteis de luxo para a cal traballa, encoméndalle a tarefa de viaxar a Hong Kong e revisar a baixada de ingresos dun dos seus establecementos; pero atópase con que funciona perfectamente. Buscando unha escusa para despedir á directora, coñece a Lee Jae-Yong, un atractivo executivo con rutinas misteriosas e mantén o anonimato fronte ao hotel. Emmanuelle empeza a obsesionarse con el, a seguilo. Esta obsesión despístaa no traballo.