Mañan venres 23 de xuño os Codex Cinema estrean o filme “A CHEGADA”, dos directores Alejandro Rojas e Juan Sebastian Vasquez. A CHEGADA é unha película brillante cun gran guión, moi pulido e cunha intriga e tensión dramática que fan imposible apartar a vista da pantalla nin siquera un segundo.
Sinopse: Diego, urbanista venezolano, e Elena, bailarina contemporánea de Barcelona, múdanse aos Estados Unidos cos seus visados aprobados para comezar unha nova vida. Teñen a intención de potenciar as súas carreiras e formar unha familia na “terra das oportunidades”. Pero ao entrar na zona de inmigración do aeroporto de Nova York, son conducidos á sala de inspección secundaria, onde serán sometidos a un desagradable proceso de inspección por parte dos axentes de aduana e a un interrogatorio psicoloxicamente extenuante, para tentar descubrir se a parella pode ter algo que ocultar.
Pódese consultar toda a programación dos Codex Cinema en: www.codexcinema.info