Este venres 23 de marzo chega aos Codex Cinema o filme “Matria” dirixida por Álvaro Gago Díaz e protagonizada por María Vázquez que remata de acadar o premio á Mellor Actriz no recente Festival de Málaga. O próximo xoves 30 de marzo visitará os Codex o seu director, Álvaro Gago, que presentará o filme no seu pase das 20:30h e o remate haberá un coloquio.
“Matria” conta a historia de Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto persoal e laboral tenso e impredicible. Un día atópase con Xosé e constrúe con el unha inusual amizade que lle permite pensar que, quizais, haxa algo polo que vivir. Sempre sacrificando todo pola súa filla Estrella, verase impulsada cara o seu interior e pensar en novas motivacións.
Asemade esta semana tamén se estrea “RETORNO A SEÚL“, un implacable e elegante drama sobre a identidade que non se atopa. É unha obra poderosa e sorprendente, dirixida por Davy Chou, que narra a vida de Freddie, de vinte cinco anos que por capricho volve por primeira vez a Corea do Sur, onde naceu. A moza parte emocionada á procura das súas orixes neste país que lle é alleo, inclinando a súa vida cara novos e inesperados rumbos.