Os cines Codex estrean este venres os filmes “María Callas” e “Non hai amor perdido”

Este venres os cines  Codex estrean os filmes “MARÍA CALLAS” e “NON HAI AMOR PERDIDO”

“MARÍA CALLAS”, filme dirixido por Pablo Larraín, que se adentra con moitísimo respecto na última semana de vida da soprano, cun brillante guión e unha brillante interpretación de Angelina Jolin

Sinopse:   a tumultuosa, bela e tráxica historia da vida da lendaria soprano, revivida  e reimaxinada durante os seus últimos días no París dos anos setenta.

A outra estrea da semana é a película “NON HAI AMOR PERDIDO”, unha historia complexa, con momentos moi duros e outros amables, e na que o seu director, Erwan Le Duc, ofrecenos unha película creativa e describindo un drama social e sentimental.

Sinopse:  Etienne apenas tiña vinte anos cando namorou de Valérie e apenas un máis cando naceu a filla de ambos, Rosa. Cando Valérie os abandona, el, malia sentir medo e tristeza, decide non dramatizar e afrontar a crianza da mellor maneira posible; efectivamente pai e filla constrúen unha vida feliz ata que, dezaseis anos despois, cando están a piques de separarse porque Rosa vai estudar fóra, xorden cuestións do pasado que teñen que abordar.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com