Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os filmes “SALVE MARÍA” e “RITA”
SALVE MARÍA, un filme inquietante pero ao mesmo tempo sensible e fascinante pola profundidade e a cantidade de matices. Un maxistral thiller de terror sobre a maternidade.
Sinopse: María, unha escritora que acaba de ter un fillo, atópase cunha nova sobre un suceso arrepiante dunha nai que afogou aos seus fillos xemelgos de dez meses de idade. O infanticidio déixaa atónita e obsesiónaa tanto, pensando as razóns detrás dese feito tan atroz, que comeza a aparecérselle como unha posibilidade aterradora.
A outra estrea da semana é “RITA”, filme dirixido pola actriz Paz Vega no seu debut na dirección cun exquisito gusto pola luz e o encadre e que nos conta un desasosego drama familiar de tenrura e violencia
Sinopse: Rita e Lolo son dous irmáns de sete e cinco anos, fillos dunha familia obreira que vive en Sevilla. Comezan as vacacións de verano e todo o país está revolucionado porque a selección de fútbol pasou a cuartos de final na Eurocopa de Francia. É xuño de 1984, vai moita calor e Rita soña con ir á praia pero a vida no barrio tenlle reservadas outras sorpresas…