Os cines Codex estrean hoxe o filme “Misericordia”

Esta semana os Codex Cinema estrean os filmes “MISERICORDIA” e “OS AITAS”.

“MISERICORDIA”, dirixida por Alain Guiraudie e con oito nominacións aos Premios César, é un thriller fascinante onde Guiraudie crea o seu propio ton combinando actuacións naturalistas  descarnadas con humor negro e suspense.

Sinopse: Jérémie volve ao seu pobo natal para asistir ao funeral de Jean-Pierre, o seu antigo xefe. Decide quedar uns días na casa de Martine, a viúva, coa intención de reencontrarse cos amigos da infancia, cos recordos. Pero unha misteriosa desaparición, un veciño ameazante e un estraño sacerdote van facer que  o que pretendía ser unha breve visita ao pasado mude nunha experiencia cargada de tensións e medos, envolvéndoo nunha inesperada reflexión sobre as súas orixes.

A outra estrea da semana é o filme “OS AITAS”, filme dirixido por Borja Cobeaga, unha película cunha coidada posta en escena e recreación da época dos oitenta con todo luxo de detalles.

Sinopse:  na periferia obreira de Bilbao de finais dos  anos oitenta, un equipo infantil de ximnasia rítmica ten a oportunidade de participar nun campionato en Berlín. Serán os pais das pequenas quen  as acompañen.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com