Dirixida pola escritora e xornalista, Elvira Lindo, creadora de Manolita Gafotas e Daniela Féjerman, chega aos Codex Cinema “Que alguén coide de min”, unha película que ten moitísimas cousas que non deberían pasar desapercibidas, é comercial, divertida, dramática e une un discurso social e familiar co artístico.
As outras estreas desta semana nos Codex Cinema son:
“O trío en mi bemol“, o novo filme de Rita Azevedo Gomes. Nesta filme, Azevedo plantexa unha serie de encontros entre un home e unha muller (aos que dan vida Pierre Léon e a actriz habitual na súa fimografía Rita Durão), que foron parella e agora son amigos, que falan de problemas amorosos e outros asuntos persoais nun entorno idílico.
E “O meu crime“, película francesa dirixida por François Ozon que reúne varias xeracións de actores dramáticos de Francia que se divirten e nos divirten nunha comedia desenfadada.
Pódese consultar toda a información e programación en: www.codexcinema.info