Por fin chega aos Codex Cinema a obra mestra “O RAPAZ E A GARZA” do director Hayao Miyazaki, unha das súas obras máis audaces a nivel formal. Dunha beleza arrebatadora, non renuncia á crudeza nin a dor inherente. A trama, emocionante e conmovedora, xira en torno á morte, o dó infantil e a busca de recursos para atopar consolo e poder saír adiante.
Sinopse: Mahito, un neno de doce anos, loita por asentarse nunha nova cidade tras a morte da súa nai. Mais cando unha garza que fala transmite a Mahito que a súa nai segue viva, entra nunha torre abandonada buscándoa, o cal introdúceo nun novo mundo.
As outras estreas da semana no Codex Cinema son a ópera prima de Víctor Iriarte “SOBRE TODO DE NOITE”, unha historia de violencia e terror.
Sinopse: cando Vera era nova, non puido facerse cargo do seu fillo tendo que dalo en adopción. Cando Cora era nova, o seu médico díxolle que non podería ter fillos e que só adoptando podería formar unha familia. Ambas comparten esa experiencia de ter sido nais dun neno chamado Egoz. Agora, ambas reencóntranse de novo en Portugal para repasar a historia das súas vidas e reescribir os seus destinos.
E o filme “NO NOME DA TERRA”. Unha película realizada mediante animación e a utilización de 40.000 óleos. Ambientada na campiña polaca na cúspide dos séculos XIX e XX, os xiros dramáticos da historia relaciónanse cos cambios de estación, o traballo duro no campo e as festas tradicionais locais.
Sinopse: A historia dunha campesiña, Jagna, obrigada a casarse cun granxeiro rico e moito maior, Boryna, a pesares de que ela está namorada do seu fillo, Antek. Co tempo Jagna convértese en obxecto de envexa e odio dos aldeáns e ten que loitar para preservar a súa independencia.