Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os films “PREFIRO CONDENARME” da lucense margarita Ledo e o filme francés “TEMPO COMPARTIDO”.
“PREFIRO CONDENARME”, a nova película de Margarita Ledo que chega aos cines este venres 22 de novembro, tres días antes doDía Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro) e que logrou a distinción de “especialmente recomendada para el fomento de la igualdad de género” por parte do Ministerio de Cultura. Outra magnifica obra de Margarita Ledo sobre a loita das nosas nais.
Sinopse: Sagrario é unha mariscadora da ría de Ferrol que, nos anos setenta, desafía as normas sociais e familiares da súa época: aos trinta e tres anos, en 1972, enfróntase a un xuízo por adulterio pois ten unha relación fóra do matrimonio e con el unha filla. Na súa loita por reclamar o seu dereito á igualdade e ao desexo convértese nunha figura similar a Antígona, enfróntase ás convencións sociais que só condenan ás mulleres da súa clase.
“TEMPO COMPARTIDO”, Un filme do director francés Olivier Assayas, na que probablemente sexa a súa película máis próxima á comedia e na que asina un retrato do confinamento cun ton de autoparodia no que se explora a si mesmo
Sinopse: Paul, un director de cinema, e o seu irmán Etienne, un xornalista musical, atópanse atrapados na casa da súa infancia xunto ás súas novas parellas. Mentres o mundo exterior vólvese cada vez máis inquietante, os catro deben enfrontarse ao paso do tempo, ás lembranzas e os segredos. A medida que afrontan estas tensións, descobren que as súas mellores ferramentas son as artes, o romance e a comedia, que impregnan mesmo os momentos máis cotiáns.