Os Codex Cinema estrean esta semana os filmes “O Inocente” e “O Castigo”.
O Inocente, filme francés dirixido por Louis Garrel, que conta con dous premios César, ao Mellor Guión Orixinal e Mellor Actriz Secundaria. O Inocente é unha comedia romántica, é excéntrica, conmovedora e divertida.
Sinopse:cando Abel descobre que a súa nai, Sylvie, que ronda os sesenta anos, está a piques de casar cun home que está no cárcere, entra en pánico. Apoiado por Clémence, a súa mellor amiga, fará todo o posible para intentar protexela, mais o seu encontro con Michel, o seu novo padrasto, podería ofrecer a Abel novas perspectivas…..
A outra estrea da semana é “O castigo”, do director chileno Matías Bize, que acada o Premio á Mellor Dirección no pasado Festival de Malaga.
No filme non só destaca o traballo do cineasta Matías Bize, tamén está a interpretación maxistral da súa protagonista Antonia Zegers.
Sinopse: Ana e Mateo buscan o seu fillo despois de telo deixado uns minutos só como castigo por portarse mal. Esta busca desesperada ten como escenario un bosque e unha carreteira. Mentres pasa o tempo sen que o fillo apareza, a parella terá que enfrontarse ao medo, á culpa, á fraxilidade da súa unión e outras revelacións relacionadas cos roles que representan na familia.
Poden consultar todos os horarios en: www.codexcinema.info