Os cines Codex volven abrir os xoves e maña venres estrean “Pacifiction” e “Dúo”, dous filmes de cineastas cataláns

A partir desta semana os cines Codex volven abrir os xoves e para maña venres propoñen dúas estreas dirixidas por cineastas cataláns que ao longo da súa obra conquistaron numerosos premios e que contribúen ao recoñecemento internacional do cinema español.

A primeira estrea é Pacifiction, novo filme do sempre polémico e irreverente Albert Serra, director que dende os comezos da súa carreira conquistou os certames internacionais cunha obra moi particular. Pacifiction está interpretada polo prestixioso actor francés Benoît Magimel e narra a historia deste político enviado polo goberno francés ata Tahití, na Polinesia Francesa, lugar onde comezará unha situación de tensión cando xurdan rumores sobre a posible presenza dun submarino nuclear, o que podería supor o reinicio de ensaios nucleares nas proximidades. O filme concurso na sección oficial do pasado Festival de Cannes.

A outra estrea da semana é Dúo, novo filme da catalá Meritxel Colell que retoma a personaxe de Mónica, protagonista do seu debut, Con el viento. Se naquel filme Mónica desexaba modificar o rumbo da súa vida tras convivir un tempo coa súa nai agora, acompañada polo arxentino Colate, percorrerá a cordilleira dos Andes cunha xira de danza contemporánea. Un filme que amosa a incapacidade de adaptación ao lugar por parte dunha parella e no que a dualidade é o centro do filme. Dúo foi presentada no Festival de Málaga e no barcelonés D’A Film Festival.

Poden consultar a carteleira en: www.caldiae.gal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com