Esta semana e por mor dos festivos os cines Codex abrirán a partir do mércores 6 de decembro coa estrea do filme francés “Anatomía dunha caída”, unha brillante película perfectamente axustada e medida e que levou a Palma de Ouro Á Mellor Película, no pasado festival de Cannes 2023.
Sinopse: Sandra, unha escritora alemá, vive co seu marido Samuel e o seu fillo cego, Daniel, nun chalé no medio dos Alpes franceses. Cando Samuel morre en misteriosas circunstancias, a investigación non pode determinar se se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandra é arrestada e xulgada por asasinato; o proceso pon a súa tumultuosa relación e a súa ambigua personalidade no punto de mira.