Os Codex Cinema estrean este venres “O Salto” o novo filme de Benito Zambrano

Este venres, os cines Codex estrean O SALTO”, o novo filme de Benito Zambrano, onde conta a traxedia que hai detrás de cada migrante que trata de saltar a valla de Melilla achegando ao espectador ás historias destas persoas, os seus darmas, medos e esperanza.

Sinopse: Ibrahim chegou a España hai uns anos desde Guinea Conakry e agora tanto a súa vida como a súa familia están en Madrid. Pero un día a policía deteno para deportalo ao seu país de orixe por carecer de permiso de residencia. A partir deste momento, o seu único obxectivo será regresar a España. Tras percorrer África, instálase nun campo de refuxiados situado entre África e Europa. Alí coñece a Aminata, unha moza decidida a saltar o valado e entrar en España; sen embargo, trátase dunha fazaña física que non todo o mundo é quen de lograr.

A outra estrea desta semana en Codex Cinema éSANGRE NOS BEIZOS“, un filme salvaxe e estridente que pretende deixar ao espectador boquiaberto coa maxistral interpretación de Kristen Stewart.

Sinopse:  Jackie está decidida a triunfar como culturista e diríxese ás Vegas para participar nunha competición. No seu camiño, pasa por un pequeno pobo de Novo México onde coñece a Lou, a solitaria xerente do ximnasio local. O pai de Lou é traficante de armas e leva as rendas dun sindicato do crime. Jackie e Lou namóranse. Pero a súa relación provoca violencia e ambas vense implicadas nas maquinacións da familia de Lou.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com