Codex abrirá o mércores 21 para a estrea de BROKER do magnifico Hirokazu Koreeda. Un filme elegante, diáfano e conciliador, así é a fraxilidade de Koreeda, que é capaz de contar tantas cousas sen apenas esforzo.
Conta a historia dunha moza que abandona o seu bebé ás portas dunha igrexa nunha noite chuviosa. Este é recollido por dous homes que se dedican a roubar bebés abandonados para vendelos a pais dispostos a pagar unha tarifa. Cando a moza regresa á igrexa, arrepentida, descobre o negocio ilegal dos homes e decide unirse a eles para atopar os pais adoptivos máis adecuados. Neste viaxe por estrada pouco usual, o destino dos que se crucen na vida do neno cambiará radicalmente.
A segunda estrea é AFTERSUN, de Charlotte Wells, sen dúbida un dos mellores filmes do ano. Unha película cargada de sutileza e madurez
Sophie reflexiona sobre a alegría compartida e a melancolía privada dunhas vacacións que fixo co seu pai 20 anos atrás. Os recordos reais e imaxinarios enchen os espazos entre as imaxes mentres tenta reconciliar ao pai que coñeceuco home que non coñeceu.