Os Codex Cinema estrean hoxe “Samsara” a nova película de Lois Patiño

Esta semana os Codex Cinema abren as súas portas hoxe mércores e estrean os filmes:  “Samsara” e “Lume lento”

A nova película de Lois Patiño,Samsara“, onde crea unha arriscadísima transición na pantalla que require da colaboración do espectador para atravesar tempos e lugares. Unha viaxe extraordinaria e multisensorial a traveso de corpos, almas e espazo.

Sinopse: nos templos budistas de Luang Prabang conviven decenas de adolescentes. Un destes mozos lelle a unha anciá o Bardo Thödol, un texto que hai que ler á xente antes de falecer, pois serve como guía para orientarse no alén. A muller morre e acompañamos o seu espírito nunha viaxe sensorial ata reencarnar no seu próximo corpo: unha cabra dunha cidade costeira de Tanzania, onde se criará acompañada dunha familia de mariñeiros.

A outra estrea desta semana é “A lume lento“, candidata de Francia aos Oscars. É un film ambientado no mundo da gastronomía francesa en 1885. Unha película moi especial cunha mestura de romanticismo clásico e inmersión gastronómica, onde a mestría do seu director, Tran Anh Hung, enche de sobrecolledora elocuencia o seu retrato dun amor, coa interpretación magnífica de Juliette Binoche.

Sinopse: 1885. A inigualable cociñeira Eugénie traballou para o famoso gourmet Dodin durante os últimos vinte anos. Co paso do tempo, a práctica culinaria e a mutua admiración converteuse nunha relación romántica. A súa asociación deu lugar a pratos únicos capaces de satisfacer os padais máis esixentes, pero Eugénie valora a súa liberdade e nunca quixo casar con Dodin. Entón el decide facer algo que nunca fixera antes, cociñar para ela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com