Con seis nominacións aos Oscar, incluído Mellor Película, Mellor Dirección e Mellor Guión Orixinal chega aos Codex Cinema o filme TÁR cunha Cate Blanchett colosal para un filme brillante, intelixente, hipnótico e preciso. A partir do venres 10 con dous pases cada día.
O filme narra a vida de Lydia Tár semella un soño feito realidade en todos os sentidos. É unha das directoras de orquestra máis famosas e vangardistas. Por iso, dirixe a orquestra sinfónica alemá mentres espera o lanzamento do seu novo libro. Cando comeza a preparar o seu próximo concerto da coñecida Sinfonía nº.5 de Gustav Mahler,a súa vida comeza a desmoronarse en moi poucas semanas sen que ela poida facer nada para evitalo. A película Tár mergúllase nos mecanismos do poder e o seu impacto na sociedade actual.
OURO PURO, a película de Fatih Akin sobre o rapeiro Xatar, rodada con mestría e que narra a sorprendente vida de Xatar, cuxo nome real é Giwar Hajabi, Giwar, de orixe iraní pero afincado e criado en Alemaña que tivo unha infancia e adolescencia moi particular que Fatih Akin recorre con gran pulso e interese.
O filme narra o camiño do rapeiro Xatar dende o gueto ata chegar ó cumio das listas musicais, vivindo polo camiño unha dramática historia de aventuras. Dende o inferno dunha cárcere iraquí, chegou a Alemaña de rapaz coa súa familia a mediados dos anos 80. Aínda que chegou ó máis baixo, gozou dalgunhas oportunidades e foi aprendendo dos seus moitos tropezos. En pouco tempo pasou de ser un delincuente a un gran narcotraficante. Tras a desaparición dun importante cargamento, decide saldar as súas débedas planeando un lendario atraco de ouro.
Asemade os Codex Cinema tamén estrean esta semana RABIYE KURNAZ CONTRA GEORGE W. BUSH, película dirixida por Andreas Dresen que busca render unha homenaxe ao carácter valente e amable da súa protagonista cunha forza interior fascinante.
A protagonista deste filme, Rabiye Kurnaz, é unha entregada e cariñosa ama de casa e nai de Bremen. A súa vida nos EEUU é tranquila ata que deteñen ó seu fillo e o levan a Guantánamo. Rabiye Kurnaz desesperada acode á policía e ás autoridades para denunciar o seu caso, pero ninguén lle fará caso. Comezará así unha longa batalla para a liberación do seu fillo que a levará á Corte Suprema dos EEUU en Washington. Terá como maior aliado ao avogado de dereitos humanos Bernhard Docke na súa loita por recuperar ao seu fillo.