Os creadores lucenses volven a protagonizar a programación dos Codex

O éxito do cinema lucense xa non se pode negar. Se os Codex xa ratificaban hai semanas a marabillosa acollida de O que Arde, o filme de Oliver Laxe xa se sitou como a cinta en galego máis exitosa da historia logo da consecución de dous premios Goya e de superar as 16 semanas en cartel -converténdose tamén como o filme máis lonxevo das billeteiras lucenses-.
Despois deste éxito, e dentro da aposta indiscutible dos Codex Cinema polos creadores lucenses, as únicas salas de cinema independente da cidade, programaron para o vindeiro sábado, 1 de febreiro, unha velada especial con Carmen Conde, que chegará aos cinemas a presentar a súa serie Premios Darwin. A sala proxectará os tres capítulos da serie e a artista e parte da equipa técnica conversarán cos espectadores.
A maiores, a sala estrea tamén o drama chileno sobre música e danza Ema, de Pablo Larraín, un filme sobre o poder emancipador da música que foi presentado no festival de Venecia. Unha das películas mellor valoradas da tempada de festivais chega a Codex Cinema.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com