O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García e a deputada de Cultura Iria Castro, ámbolos dous do BNG, participaron, esta tarde na inauguración da XL Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, que se celebra desde hoxe ata o domingo no recinto feira “Manuel Vila López”.
Os responsables provinciais percorreron a exposición de gando e interesáronse polos certames de “Xóvenes Preparadores de Gando”, o de “Gando de Raza Frisona e pola “Poxa de Gando Selecto, que se desenvolveron durante a tarde”,
Daniel García felicitou á organización “polo corenta aniversario dunha feira que conta co aval do sector pero que, sobre todo, conta co apoio da veciñanza de Muimenta e da contorna, que sente a Moexmu como un sinal de identidade e motivo de orgullo” . Tamén destacou “a importancia destas citas gandeiras para dinamizar o sector, trasladar á sociedade en xeral o valor social, ambiental e cultural da gandería”.
A Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo colabora coa organización da Moexmu a través das areas de Cultura e Rural, achegando animacion musical, coa actuación de Asubios da Chaira, que ambientaron a inauguración, e os premios para os gañadores do Certame de Xóvenes Manexadores.