Os deputados do PP no Congreso esixen a comparecencia urxente do director da Policía para parar o peche da sala 091

Os deputados nacionais do Partido Popular, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, esixen a comparecencia urxente do director da Policía para parar o peche da sala 091 de Lugo o 1 de marzo. Na actualidade, este servizo funciona as 24 horas dos 365 días do ano, e conta con 9 funcionarios que atenden máis de 2.400 chamadas mensuais de lucenses.

O Goberno acaba de notificar nunha resolución do 28 de decembro de 2020 que clausura esta sala nas cidades de Lugo e Ourense e traslada este servizo á Comisaría de A Coruña. Este cambio reduciría significativamente o movemento e a eficacia desta prestación, prexudicando con ela a seguridade en ambas as cidades, debido á proximidade e coñecemento que os axentes deben ter da zona de Influencia.

E é que este é un servizo que require proximidade para que o tempo de reacción sexa o máis rápido posible, cun coñecemento exacto de todos os recunchos da cidade, “porque, sinalan os populares, habrá calles de Lugo que no se puedan localizar desde Coruña, aumentando así el tiempo de respuesta”.

Segundo aseguran os populares, este peche obedece e depende única e exclusivamente a motivos económicos e non se ten en conta a importancia dunha resposta rápida e inmediata ao cidadán. O 13 de xaneiro de 2020, o Ministerio do Interior aprobou a suspensión de varias salas do 091 nas provincias da despoboada España de Castela e León, Castela A Mancha, Estremadura e Galicia. O Goberno esconde detrás dun Plan que xa non está en vigor, o Programa SIRDEE, cuxa implantación comezou en 2013 e foi incluído polo Corpo Nacional de Policía no seu Plan Estratéxico 2013-2016.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com