Os días 24 e 25 de xullo celebrarase no casco histórico a II Festa de Galicia organizada por Lugo Monumental e os locais da rúa Bispo Basulto.
A festa terá lugar na tarde/noite do día 24 de zullo, víspera de Santiago Apóstol, e o día 25 ao mediodía, en sesión vermouth.
O 24 a partir das 21:00 horas actuará Carta de Ajuste, un grupo cada vez máis popular en Lugo que nos trae recordos dende os anos 80 á actualidade. A continuación Marcos Peón e Manu Chady ofrecerán unha sesión especial de DJ’s.
O día 25 Marcos Peón e Manu Chady animarán a sesión vermouth dende as 13:00 horas.
Xul 23, 2019 - 08:08 PM
Quen foi?