Os empregados de Carrefour denuncian desorganización e falta de persoal

A Sección Sindical da CIG no Centro Comercial Carrefour de Lugo denunciou hoxe que actualmente se está a vivir unha situación de desorganización por parte da dirección do centro que está a afectar de forma grave aos servizos que presta o Hipermercado.

Debido á desorganización e á falta de persoal, segundo indican dende a Sección Sindical, estase a precisar que un mesmo traballador teña que realizar diversas funcións, actuando así tanto de repoñedor, vendedor, caixeiro… provocando unha peor atención aos clientes, véndose na obriga de desatender as función propias do seu posto de traballo, e sufrindo unha presión laboral impropia, traducíndose todo esto en situacións de longas colas nas caixas, desbastecemento de productos nos expositores, falta de atención personalizada, puntos de venda sen atender, etc.

Esta situación dáse a pesar do esforzo dos traballadores, quen asumen responsabilidades que non lles corresponden e unha carga de traballo excesiva co obxecto de que o cliente non sufra as consecuencias dunha xestión ineficiente, mais resúltalles absolutamente imposible cubrir todas as eivas provocadas pola xestión, o cal lles xera impotencia e fustración.

Desde a Sección Sindical instan á empresa a que adopte as medidas necesarias para subsanar esta anómala situación, onde a plantilla ten que sufrir as consecuencias dunha xestión deficiente e ineficaz e onde as principais vítimas son as persoas clientes do Hipermercado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com