A asociación de empresarios da Tinería (Itíneres) solicitaralle ao Concello de Lugo participar na comisión de traballo, que foi aprobada pola maioría da Corporación, para dinamizar o barrio da Tinería.
O colectivo considera “importante que a entidade local nos inclúa nesta iniciativa, pois somos os primeiros, dado que representamos ao 95% dos empresarios desta zona, que queremos contribuír a poñer en valor a zona e revalorizala tanto económica como socialmente. Por iso, avogamos porque esta teña un marcado carácter institucional, na que estean presentes non só as administracións, senón tamén as asociacións como a nosa”.
Os representantes dos empresarios queren facer constar “que é importante que o Concello aplique a ordenanza municipal que regula a funcionalidade dos locais, pois esta é unha zona que se atopa afectada polo que establece tamén o PEPRI para todo o burgo medieval; é dicir, que os locais poidan ser dedicados a varios usos: comercial, docente, para oficinas, etc”.
A asociación destaca tamén “a iniciativa presentada recentemente pola Xunta de Galicia, consistente na venta ou alugueiro dos inmobles da súa propiedade, e que resposta a unha petición da nosa asociación”. Esta acción, “cremos que supón un paso positivo para a dinamización deste barrio emblemático que é un dos principais atractivos da cidade e casco histórico”.