A asociación de empresarios do casco histórico, Lugo Monumental, rexistrou hoxe un escrito no Concello de Lugo no que solicita que se permita a celebración de mercados de produtos locais os sábados. Unha demanda unánime, segundo afirma o colectivo, de placeros, clientes e persoas que martes e venres ofrecen os seus produtos.
O motivo da petición é “bastante obvio”, pois martes e venres, días tradicionais para a celebración do Mercado en Lugo, moitas persoas non poden achegarse á praza no horario actual por motivos laborais, e moitos dos traballadores do municipio aproveitan o sábado para facer a compra.
Tras consultar ás persoas que achegan os seus produtos á praza semanalmente, Lugo Monumental, asegura que todas respaldan esta petición. Asemade, a proposta tamén conta co apoio dos placeron que verían así, incrementada a afluencia de público na Praza de Abastos.
O que especifica o colectivo de empresario no seu escrito é se sería mellor mover un dos días de celebración do mercado para o sábado, ou manter os tres días. Segundo considera Lugo Monumental, é unha decisión que debería tomar o executivo loval aínda que, opinan, que sería mellor engadir os sábados aos días de celebración dos mercados, puidendo celebrarse martes, venres e sábados.