Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os filmes “FÓRA DE TEMPADA” e “BLONDI”.
“FÓRA DE TEMPADA”, film francés do director Stéphane Brizé con dous grandes actores que nos agasallan con escenas e momentos inesquecibles.
Sinopse: Mathieu, un actor famoso a piques de cumprir cincuenta anos, vive en París; Alice é unha profesora de piano algo máis nova que el e reside nunha pequena cidade costeira do oeste de Francia. Ambos mantiveran unha relación sentimental hai quince anos e separáranse. Pasou o tempo, cada un seguiu o seu camiño e foron cicatrizando as feridas. Cando Mathieu vai a un balneario termal para repousar atópase con Alice.
A outra estrea da semana é a película “BLONDI”, comedia arxentina dirixida por Dolores Fonzi na súa ópera prima. Un filme sen prexuízos, graciosa e sensible, sen volverse pesada.
Sinopse: Blondi e Mirko, a simple vista parecen unha parella ideal, comparten amizades, afeccións, soños, temores, todo é perfecto entre eles. Sen embargo, aínda que parecen de idade similar, Blondi é a nai de Mirko.