A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou este xoves as dúas últimas incorporacións que se sumarán ao cartel da vindeira edición do Caudal Fest, a cita musical de referencia no municipio e un dos festivais máis importantes do noroeste peninsular. Trátase dos grupos Carlanga e Los Cubatas e Lontreira, quenes estarán presentes na que xa está consolidada como a última gran festa do verán galego e que se encamiña cara a súa edición máis multitudinaria, os vindeiros días 20 e 21 de setembro.
O Caudal Fest traerá á cidade de Lugo un gran número das xiras máis importantes que se realizarán no verán de 2024. O venres 20 de setembro estará protagonizado por Amaral, Viva Suecia, Carlos Sadness, Varry Brava, Huecco, Karavana, Ana Lua Caiano, Xina Mora e Ramón Mirabet. Ademais, o festival engade aos galegos Carlangas y Los Cubatas e Lontreira.
O sábado 21 será a quenda para outro gran número dalgúns dos artistas con máis éxito do país. Mikel Izal, Arde Bogotá, Ginebras, Nil Moliner, Ladilla Rusa, Tu Otra Bonita, Siloé, Parkineos, e Monoulious DOP, Dani Dicostas e Querido protagonizarán a segunda xornada de Caudal Fest 2024.