Os hostaleiros apoian a creación do grao de ciencias culinarias e gastronómicas

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) manifestou hoxe o seu apoio á proposta que se presentou esta semana para reivindicar que o Campus Terra de Lugo imparta no horizonte do ano 2021 un grao de ciencias culinarias e gastronómicas.

Para a Apehl é moi acertado elixir o campus lucense para impartir este perfil profesional e ofrecer a mellor formación de alto nivel que responda ás necesidades do sector da cociña e a gastronomía. O feito de conseguir este grao de ciencias culinarias e gastronómicas é un paso máis para seguir consolidando o cartel de Lugo como cidade onde un dos referentes sexa a súa gastronomía. Lembran que dende a APHEL se leva traballado moito na divulgación deste reclamo turístico a través do lema …E para comer, Lugo.  

Consideran ademais que este grado consolidaría os estudos que xa se imparten na Escola de Hostalería de San Xillao, formación que demandaron no seu momento, para a que se conseguiu a súa localización en Lugo con distintos apoios e da que actualmente forman parte como membros do Consello Escolar. Confían en que este proxecto una a entidades e administracións para posicionar a Lugo nun lugar destacado dentro da alta cociña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com