A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, na que se alcanzou unha media dun 80,8 % de ocupación.
Os datos, que consideran as pernoctacións de xoves, venres e sábado, fan incrementar a liña ascendente de negocio que houbo neste período en anos anteriores, pois a media de 2018 chegara ao 70 %. A zona centro de Lugo foi a área da provincia con máis visitantes, cunha media do 90,6 % de ocupación. A Ribeira Sacra logrou o 84 % e A Mariña e
a Montaña estiveron polo 76,3 e o 72, 3 %, respectivamente.
Segundo a APEHL, os festivos deste ano foron máis favorables para viaxar, chegando algúns establecementos ao 100 % de ocupación durante o sábado. Ademais, en zonas como A Mariña, as pernoctacións alongáronse un día máis ao ser festivo hoxe nalgunhas comunidades.