Esta maña quedou inaugurada a exposición sobre a historia das Festas do San Froilán, ao acto asistiron: Carmen Basadre, Concelleira de Cultura; Pilar García Porto, Deputada de Cultura; Miguel Fernández, Voceiro Municipal; Ana Prieto, Concelleira de Economía; Daniel Piñeiro, Concelleiro de Desenvolvemento e os membros da oposición Olga Louzao de Cidadáns; Cristina Pérez Herraiz de Lugonovo; Enrique Rozas do PP, xunto con outras autoridades. A mostra estará exposta ata o remate das festas na seguintes prazas e rúas da cidade: Praza do Ferrol, Praza Maior, Praza da Constitución, Praza de Santo Domingo e a rúa Bispo Aguirre. Á inauguración tamén asistiu a Deputada de Cultura, Pilar García Porto.
“Da feira á festa. Historia gráfica do San Froilán”, é unha mostra, organizada polo Concello, que reflicte os máis de 250 anos de historia do San Froilán, na mesma faise un percorrido histórico pola festa dende as súas orixes, ata a actualidade e nela pode verse porque Álvaro Cunqueiro a cualificou como “a festa máis fermosa do outono galego”
Na Praza do Ferrol, os visitantes poden coñecer a vida e a memoria do patrón de Lugo, San Froilán; na Praza Maior, a concesión da feira franca, na da Constitución, as primeiras feiras na cidade, en Santo Domingo, as festas, e en Bispo Aguirre, a publicidade, os carteis e programas destas festas que este ano inclúen máis de 200 actividades.