Os manxares da provincia, en Xantar 2018

O XIX Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense, Xantar 2018, abriu hoxe as súas portas que non pecharán ata o vindeiro domingo día 4. Organizada por Expourense, esta feira gastronómica acollerá a promoción da calidade dos produtos autóctonos e do sustentable e saudable da dieta da comunidade galega.

Nun escenario tan acolledor non podía faltar un stand da provincia lucense, que, levado pola Deputación, promoverá  Lugo como destino turístico e os seus produtos, mendiante degustacións de alimentos típicos como o queixo de San Simón, a torta de millo de Guitiriz ou o viño da Ribeira Sacra. Ademáis, por suposto, de material divulgativo con folletos promocionais dos Concellos lucenses, das Denominacións de Orixe, e tamén das tres Reservas da Biosfera da
provincia.

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde subliñou que “para preparar a nosa participación en Xantar previamente puxémonos en contacto cos 67 Concellos da provincia, cos Consellos Reguladores de Denominación de Orixe, cos Consellos Reguladores de Agricultura Ecolóxica, Indicacións Xeográficas Protexidas, e tamén coas Asociacións de Criadores de Razas Autóctonas, ademais da Asociación Provincial de Hostalería da Provincia​”.

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico é unha oportunidade única para dar a coñecer Lugo e os seus produtos, pois no evento participan empresas de restauración, produtores, entidades públicas e privadas, e público en xeral, das rexións de España e Portugal, o país convidado nesta décimo novena edición.

O Goberno da Deputación achega máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 27 citas gastronómicas nos Concellos da provincia de Lugo, sendo na maioría dos casos a única administración que colabora cos municipios na organización deste tipo de eventos, cos que promove os produtos autóctonos e de calidade, ao mesmo tempo que dinamiza a vida no rural, e promove a economía lucense.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com