Os mellores trucos chegan a Lugo na XV Semana Internacional de Maxia

A cidade de Lugo volverá a se converter no mellor dos escenarios para os xogos de mans e a ilusión. Hoxe, o Vello Cárcere acolleu a presentación da décimo quinta edición da Semana Internacional de Maxia, que terá lugar do 6 ao 12 de maio e, este ano, ampliarase a todos os rincóns da capital.

No acto de presentación, a titular de cultura do Concello puxo en valor a traxectoria deste festival que comezou como Lugo Máxicoconsiderado un dos espectáculos de maxia máis importantes de Europa, e agradeceu o traballo do Mago Rafa e do Mago Teto “por estes quince anos enchendo a cidade de maxia e ilusión”. A edil tamén animou aos veciños e veciñas a disfrutar desta semana da maxia, que inclúe unha parte social, pois ofrecerá actuacións en hospitais, o centro de días ou ociotecas.

Pola súa banda, o deputado de Deportes, Pablo Rivera, felicitou ao Concello por esta iniciativa que cumpre quince anos, “o que demostra que se están facendo ben as cousas”, ao tempo que subliñou a importancia da arte escéncia da maxia para todos os públicos, que enche ademais a axenda cultural de Lugo. O Deputado tamén tivo palabras para o traballo dos grandes magos de Lugo con esta iniciativa, coa que tamén colabora a Fundación TIC.

Para rematar, o Mago Rafa agradeceu ao Concello e á Deputación que sigan apoiando e apostando por este festival, cuxo obxectivo, dende o primeiro ano, é chegar coa maxia ao máximo número de sitios posibles.

Esta XV Semana Internacional de Maxia de Lugo oferta unha programación para públicos de todas as idades, e achegará unhas corenta actividades á cidadanía, estreando lugares esta edición, como por exemplo Porta Miñá. Nela participarán 19 magos e magas de todo o territorio nacional e internacional, de Francia, Venezuela, Alemaña ou Arxentina. Ademais, haberá maxia nos colexios.

O festival Lugo Máxico arrincará o domingo 6 cunha gala inaugural que terá lugar no Auditorio Municipal, a partir das 18:00 horas. Trátase dun espectáculo familiar de ventriloquía único en España, cargado de enerxía, Got Rock, basado nun programa de televisión de música, onde o público será o encargado de decidir quen é o ou a mellor cantante.

Contempla tamén outras dúas galas, que terán lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire. A unipersoal, o 11 de maio, co mago-músico zaragozano Pepin Banzo, a petición do público deste festival; e a Gran Gala Internacional, o 12 de maio, a partir das 21:00 horas. O ilusionista Norbert Ferré, gañador, no ano 2003, do Congreso Internacional de Magos, presentará este útlimo espectáculo que conta coa participación, por primeira vez, de 6 magos: Charlie Mag, que traballa en xiras por Estados Unidos e que ofrecerá “un espectáculo clásico cunha volta de tuerca”, en palabras do Mago Teto; Henry Evans, proclamado campión mundial de cartomaxia, Dani Polo; que dará a coñecer un número moi fresco -premiado no Congreso Nacional de Maxia- inspirado nas praias de Galicia; Huang Zheng, que chega dende China para facer unha representación onde vai combinar a danza ancestral oriental con toques flamencos, facendo maxia de grandes aparatos; Manolo Costa e Mindanguillo, cun número de maxia cómica, que serán unha das representacións nesta edición do Congreso Internacioanl de Maxia, e Katrin Weisensee, cun número sopresa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com