Os catro membros de Podemos Lugo integrados na agrupación municipal de Lugonovo, anunciaron onte a súa renuncia a seguir formando parte da coordinadora. Segundo explicarona a través dun comunicado, a dimisión de Adrián Fuenteseca Fernández, Alba Díaz Valiño, Carmen Fernández Alarcón e José Manuel Pérez Afonso vén dada por importantes diferenzas de índole político e orgánico co rumbo emprendido nos últimos meses.
Dende Podemos desvinculan a súa renuncia á dimisión que fixo no mes de xuño o, ata entón, voceiro da agrupación municipal Santiago Fernández Rocha. Os do partido morado insisten en que “hai actuacións que non respectan o seu código ético”.
Lugonovo asegura que non entenden cales poden ser as “diferenzas políticas” das que falan os seus excompañeiros e admiten que a agrupación municipal “sigue mantendo o rumbo” que tomaron cando empezou a súa andaina polo que atribuíu a posibles “cuestións persoais” esta marcha. Víctor Álvarez, responsable de organización de Lugonovo asegurou esta mañá que a agrupación “está aberta a novas incorporacións” e lamenou a marcha dos catro integrantes de Podemos.