Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves e venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión, representaranse catro pezas novas.
O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
As pezas que interpretarán esta semana son É un longo camiño a Belesende, escrita e dirixida por Brais García; Cada dúas horas e media, de Conchi Madrina; Cumbre devastación, de Pepe Saavedra e El candidapto, de Brian Rodríguez.