Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite, mañá xoves e o venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta ocasión, os actores de Microefectos representarán catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo.
Microefectos Dramatúrxicos celebra nesta sesión o seu sexto aniversario. O proxecto comezou en maio de 2013 na Sala Velvet Underground e en novembro dese mesmo ano se trasladou ao Club Clavicémbalo. Ao longo de
todo este tempo se puxeron en escena en torno a 160 micropezas de producción propia.
As pezas
Como xa é habitual neste grupo de teatro, os actores representarán catro pezas teatrais de 15 minutos de duración nas que contarán historias do día a día, cunha escrita directa e actual. Esta semana estrearán os títulos: Non. Todos somos así, escrito e dirixido por Brais García; Elogios no, de Brian Rodríguez; e V de Voda e B de Banquete, ambas co dirixidas e escritas por María Grandío e Pepe Saavedra. Cada una delas será interpretada por diferentes membros do grupo teatral.