Os Microefectos Dramatúrxicos voltan co microteatro ao Clavicémbalo

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite. Este xoves e venres ás 20:30 horas e ás 22:30 horas os espectadores poderán ver unhas pezas de microteatro duns 15 minutos de duración nas que esta orixinal compañía conta historias da vida diaria cunha escrita directa e actual que completa, mes a mes, o aforo do establecemento.

Nesta sesión, os Microefectos farán unha sesión de “greatest hits” ou pezas especialmente representativas do repertorio de grupo entre as que se atoparán Adolescentes, en ciernes, en viernes; El(a); Justicia desbocada e Novas do 3 de xullo; todas elas, obras escritas, dirixidas e interpretadas polos membros do colectivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com