Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves e venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas: FIV, Turismo ridículo, Youtuber e O suín do Bargueiras.
O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Set 04, 2019 - 02:48 PM
Gustanme moito.o programa