Os museos provinciais contarán con mochilas sensorias neurodiverxentes

O Museo Provincial de Lugo, o do Mar de San Cibrao, o Museo Pazo de Tor e o Museo Fortaleza de San Paio de Narla, contarán con mochilas sensoriais neurodiverxentes.

Trátase de 17 maletas con recursos pensados para previr ou paliar crises sensoriais en crianzas con TEA ou necesidades de apoio específicas durante as visitas aos museos. Inclúen xoguetes sensoriais – botellas de calma, panos de seda, frascos con especias, rotuladores de olor, pop it –, auriculares de redución de ruído e outros materiais relacionados cos oficios e o persoal dos museos.

Na selección dos materiais, a Rede Museística contou co asesoramento da asociación Raiolas Lugo, que participa habitualmente nas actividades didácticas e programas que impulsan os museos provinciais no camiño da accesibilidade e da inclusión.

Durante a presentación das mochilas, a deputada de Cultura Iria Castro puxo en valor “o traballo da Rede Museística que, ademais de incorporar agora este material, desenvolve de forma permanente programas e prácticas encamiñadas a facilitar e normalizar a visita aos museos a todas as persoas”.

A iniciativa forma parte das accións programadas polo Día Mundial da Concienciación sobre o Austismo, que se conmemora o 2 de abril.

O Museo Provincial de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Museo Pazo de Tor e o Museo Fortaleza de San Paio de Narla – contarán con mochilas sensoriais neurodiverxentes.

Trátase de 17 maletas con recursos pensados para previr ou paliar crises sensoriais en crianzas con TEA ou necesidades de apoio específicas durante as visitas aos museos. Inclúen xoguetes sensoriais – botellas de calma, panos de seda, frascos con especias, rotuladores de olor, pop it –, auriculares de redución de ruído e outros materiais relacionados cos oficios e o persoal dos museos.

 

Na selección dos materiais, a Rede Museística contou co asesoramento da asociación Raiolas Lugo, que participa habitualmente nas actividades didácticas e programas que impulsan os museos provinciais no camiño da accesibilidade e da inclusión.

 

Durante a presentación das mochilas, a deputada de Cultura Iria Castro puxo en valor “o traballo da Rede Museística que, ademais de incorporar agora este material, desenvolve de forma permanente programas e prácticas encamiñadas a facilitar e normalizar a visita aos museos a todas as persoas”.

 

A iniciativa forma parte das accións programadas polo Día Mundial da Concienciación sobre o Austismo, que se conmemora o 2 de abril.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com