Os museos da rede provincial -o Museo de Lugo, o Museo de San Cibrao, o Pazo de Tor, en Monforte, e o Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol- están a agasallar ás visitas cunha ilustración e un fror para celebrar o Día de Rosalía.
Tratáse dun debuxo en carbón realizado pola ilustradora guitiricense Alba Nimbos sobre os versos do poema Cando a luniña aparece de Cantares Galegos e que forma parte dun volume editado polo Centro de Artesanía e Deseño no 150 aniversario do poemario de Rosalía.
Os museos dispoñen de 400 reproducións da lámina e outras tantas flores para que os visitantes recollan durante toda a xornada, no horario de apertura habitual, seguindo un protocolo adaptado á situación sanitaria: control de temperatura, rexistro dos datos de contacto, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcólico antes de recoller as ilustracións.
Xúntase ao agasallo unha copia do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), asinado pola escritora Anna R. Figueiredo.