Os nenos de Láncara gozan dun parque totalmente renovado na localidade

O novo parque de Láncara conta cunha tirolina. Hai tamén unha estrutura para nenos de 6 a 10 anos e outra de 0 a 6. Ambos os dous espazos contan con xogos adaptados e balancíns; todo o necesario para que os nenos da localidade podan gozar dun novo espazo de lecer.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, supervisaron o novo parque infantil de Edizlo do que gozan os nenos lancareses que financiou o Executivo Provincial cunha achega de 50.000 euros. Tratábase dun espazo público antigo e que se atopaba bastante deteriorado, debido ao paso do tempo dende a súa instalación e que agora está totalmente renovado.

Campos Conde destacou que “a través desta nova colaboración entre administracións, buscamos incrementar a prestación de servizos públicos que ofrecemos aos veciños, neste caso, aos máis cativos. Agora, os rapaces de Láncara contan cun espazo totalmente renovado e que dispón, entre outros, de novos balancíns, tobogáns e ata unha tirolina. Ademais, facemos que o parque sexa máis seguro pois dotámolo dun pavimento continuo de goma para que en caso de caídas, os rapaces poidan ter un menor risco de danarse”.

O Alcalde de Láncara agradeceu a colaboración da Deputación por colaborar nun proxecto “co que buscamos a mellora dun dos espazos centrais do núcleo urbano do Concello, construíndo un lugar de convivencia entre grandes e pequenos nun mesmo espazo, xa que lindando con este espazo infantil se atopa o parque biosaudable”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com