‘Os nove anos de Fraguas en Lugo’, no IES de Becerreá

A exposición itinerante Os nove anos de Fraguas en Lugo, do Colectivo Egeria, chega hoxe ao Instituto de Ensino Secundario de Becerreá. Foi inaugurada este mediodía, ás 12:00 horas, e que contará coa presenza de Antón Bao en representación do centro educativo, e de Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria. A exposición estará no Centro ata o 15 de novembro.

O proxecto FRAGUAS EN LUGO está composto polo libro Os nove anos de Fraguas en Lugo, que recolle textos dos promotores desta iniciativa, e doutros amigos e antigos alumnos de Antonio Fraguas, sobre os nove anos que este pasou en Lugo, e da profunda pegada que deixou na cidade e na sociedade lucense; unha exposición itinerante, composta por doce paneis, nos que se resumen os contidos do libro, e que está a percorrer toda Galicia; e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos da publicación en papel.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com