Os opositores para bombeiros denuncian tratos de favor na preparación das probas

O Grupo Municipal de Cidadáns recibiu queixas por parte dos opositores inscritos nas prazas de bombeiros por un trato a favor na preparación da proba da gaiola, requirida para obter unha das 12 prazas que se ofertan.

A gaiola consiste nun circuíto pechado que teñen que realizar os aspirantes a escuras. A actual gaiola atópase no parque de bombeiros, polo que tan solo os 6 aspirantes que teñen praza interina poden practicar nela, mentres que os 400 inscritos non poderán utilizala hasta o día da proba.

“Isto facilita que os 6 interinos teñan máis facilidades para conseguir praza fixa que os demais participantes, polo que hai un trato de favor moi claro. Por iso solicitamos á alcaldesa que ou ben deixe a todos os inscritos poder practicar na gaiola ou que directamente eliminen esta proba”, considera o concelleiro de Cidadáns, Jesús Expósito.

As oposicións para bombeiro requiren unhas probas físicas moi duras, para as que a xente pasa anos preparándose, “nun sistema tan obxectivo e igualitario como é unha oposición, consideramos que isto enturba o proceso ao dar un trato de favor aos interinos, reducindo así á metade o número de prazas convocadas, xa que parece que 6 xa están adxudicadas”,opina Expósito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com