Os pais denuncian que Afundación non recoloca aos menores e impón novos ultimatos

No encontro celebrado a tarde do pasado 17 de xuño coa xerencia de Afundación, os pais denuncian que a entidade impuxo un ultimato aos afectados polo peche da gardaría do Sagrado Corazón para comunicar antes do 19 de xuño a aceptación dunha praza nunha das garderías propostas, e ata o día 22 de xuño para aceptar unha compensación económica pola diferenza entre custo mensual da actual e da futura.

Segundo explican os afectados, “a mesma entidade que se permitiu ocultar durante meses o peche da gardería para notificalo en xuño de 2015, unha vez pechado o prazo de solicitude nos centros públicos, impón un ultimato aos pais no que tan só se ofrece un día laboral para aceptar unha praza de gardaría e polo tanto, sen tempo material para visitar e formarse unha opinión sobre as prazas ofrecidas, e tres días para aceptar a oferta económica”.

Os pais afectados explican que a compensación económica proposta por Afundación non soluciona as súas demandas, e sinalan que as garderías ofrecidas “por máis modernas que sexan, non reúnen os requisitos polos que eliximos a actual fronte a aquelas, ao que se engade, en non poucos casos, dificultades de conciliación no ámbito familiar pola situación dos novos centros”.

“Por iso ofrecemos a Afundación, mediante escritos rubricados por cada unha das familias, a renuncia á compensación económica, a calquera tipo de reclamación por danos e a esixir a apertura do centro en exercicios sucesivos sempre e cando se aceptar se mantelo aberto un ano máis, no que se intentaría unha xerencia externa, pública ou privada, para a escola infantil”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com