O Concello de Lugo informa de que a partir das 11:00 horas de mañá sábado e ata o vindeiro luns, permanecerán pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela debido a ventos con refachos de ata 80 Kms/h.
Ante as malas condicións metereolóxicas previstas, o Concello, para preservar a seguridade dos atletas e dos acompañantes, aprazou a segunda cita do XVI Circuíto Larsa Corre con Nós para o domingo 28 de febreiro, no mesmo lugar e cos mesmos horarios.