Os parques pecharanse este venres pola alerta de fortes refachos de vento 

O Concello pechará os parques da cidade ante o aviso de alerta por fortes refachos de vento este venres Faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

O Concello de Lugo informa de que a primeira hora de mañá, venres 24 de xaneiro, está previsto que a Área de Transición Ecolóxica proceda ao peche dos parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos de compoñente sur e suroeste que poden deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora e que afectarán o centro da provincia de Lugo.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento. Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade e recoméndase, igualmente, non visitar o resto de zonas verdes municipais con arboredo ata que remita o temporal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com