Os participantes do YONG LAB reunidos en Tábua contra o desemprego xuvenil

Os participantes do proxecto YOUNG LAB, impulsado polo Concello de Lugo e financiado no marco do programa europeo Erasmus+, reuníronse no municipio portugués de Tábua para continuar na senda de idear fórmulas contra o desemprego xuvenil, un 43% en Galicia, porcentaxe que duplica á media europea.

Lugo, Tábua -Portugal- e Florencia –Italia-  conforman este proxecto que tivo o seu primeiro encontro en Lugo na primeira semana de maio e na que participan uns 50 mozos entre 16 e 30 anos. Trátase dunha iniciativa a través da cal o Concello quere crear un espazo de encontro, de diálogo e de participación que perdure no tempo e que permita atopar solucións compartidas a temas de interese local.

Esta é a segunda fase do proxecto, na que tivo lugar un debate sobre as recomendacións para que mozos e mozas atopen emprego, baseado nas conferencias que tiveron lugar e que versaron sobre o emprendemento e a creatividade.

A terceira das fases terá lugar os días 16 e 17 de xuño en Florencia, onde se elaborará un documento final con fórmulas para combater a problemática do desemprego xuvenil, co obxectivo de que sexa empregado polas institucións e organizacións participantes. Lugo acollerá de novo a cuarta e última fase, o 30 de xuño e 1 de xullo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com