Esta medianoite dá comezo a campaña electoral e no caso da nosa provincia, todos os partidos escolleron a cidade de Lugo para dar o tiro de saída a estes quince días previos ás eleccións
O Partido Socialista comezará á medianoite coa tradicional pega de carteis na Praza Anxo Gómez, detrás do concello. Alí estarán a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, o presidente da Deputación Darío Campos e os cabezas de lista da provincia ao Congreso e ao Senado.
Máis orixinal será a fórmula escollida polo PP de Lugo que realizarán unha pega de carteis virtual dende a sede do grupo provincial na rúa Ramón Cabanillas. Estará a presidenta provincial do partido, Elena Candia, e os cabezas de lista no Congreso e ao Senado ademais de militantes e simpatizantes.
En Marea decántase pola Praza da Constitución para dar o tiro de saída a esta campaña. Pegarán carteis o candidato ao Congreso pola provincia, Miguel Anxo Fernán-Vello que estará acompañado polo Coordinador nacional de Anova, Antón Sánchez.
Por último, o BNG-Nós Candidatura Galega realizará un acto con militantes e simpatizantes na Praza do Campo contra a medianoite no que participará a súa cabeza de lista na provincia, Olalla Rodil.