A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, inaugurou este venres na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e no Museo Pazo de Tor do Concello de Monforte de Lemos, as creacións dos 14 participantes da 5ª edición do Estudio Aberto procedentes de todo o mundo. Durante un mes, estarán expostas as obras no Pazo de San Marcos e no Museo Pazo de Tor.
García Porto sinalou que “a Deputación amplía o seu compromiso coa creación artística e coa artesanía contemporáneas, ofrecendo espazos expositivos a artistas de diferentes disciplinas -pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación-, ademais de artesáns e deseñadores -xoiería, olería, moda, cerámica, madeira, forxa”.
Dado o interese que espertou na última edición as coleccións dos museos da Rede como punto de partida, nesta 5ª convocatoria os creadores volveron a inspirarse nunha experiencia individual en contacto cos diferentes museos e as súas coleccións, para despois desenvolver un proxecto artístico persoal.
Conceptos como museo, espazo, historia, contexto, colección e persoas, entraron novamente en xogo xunto as accións de crear, compartir e participar, facendo un total de 8 proxectos inéditos que estarán na sala de exposicións do Pazo de San Marcos e outros 6, no Museo Pazo de Tor. Ademais, os artistas recibiron a visita de profesionais do sector (críticos, comisarios, xornalistas, museólogos, galerístas, artistas) que deron unha pequena charla e compartiron consellos, opinións e análises acerca dos proxectos en pleno proceso de creación.
Artistas participantes
O pasado 13 de xullo reuníronse no Museo Pazo de Tor os membros do xurado da convocatoria (Eduardo Valiña, Elena Fabeiro, Lola Dopico, Luisa Pita, Antón Sobral e Asunta Rodríguez) de #EstudioAberto5 e, despois das deliberacións oportunas, acordaron por maioría seleccionar aos seguintes artistas para participar da residencia:
Pazo de San Marcos
1.-Víctor Royás
2.-David Fidalgo
3.-Luciana Rago
4.-José Antonio Vallejo
5.-Tamara Wassaf
6.-Lemuel Quiroga
7.-José Manuel Vidal
8.-Mar Ramón
Museo Pazo de Tor
1.-Christian Villamide
2.-Neves Seara
3.-Xosé Reigosa
4.-Roi Domínguez
5.-Bibi Martín
6.-Ruth Miguel Díaz