A escritora María Reimóndez será a oferente a Rosalía
A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou hoxe que comisión de festas nomeou aos Pelúdez como pregoeiros e a María Reimóndez como oferente a Rosalía. Segundo Maite Ferreiro, “os Pelúdez son xa un símbolo tanto das festas como de Lugo, e este ano quixemos que fosen eles os encargados de dar comezo ao San Froilán”.
Ferreiro, anunciou que “nesta edición aumentarase o número de concertos en escenario de 34 no ano 2018 a 49, con propostas nacionais e internacionais e tocando todos os estilos musicais, algúns dos cales serán en exclusiva para Galicia”.
A concelleira indicou que na Horta do Seminario haberá un total de 6 grandes concertos, xunto con outros 27 na praza de Santa María. “Ademais haberá outros 16 concertos noutros emprazamentos” anunciou Maite Ferreiro, que engadiu “o protagonismo desta edición da gran festa do outono galego recaerá nos grupos de Lugo, cun total de 50 actuacións”.
“Haberá tamén 4 concertos de bandas, ademais de charangas e animacións de rúa” e este ano o San Froilán Miúdo contará con 12 actuacións .
Confirmou que estaban xa pechados catro concertos desta edición. Unha das bandas, que acuaará na praza do Seminario contará coa participación de solistas de grupos como Inhumanos, Javier Gurruchaga da Orquesta Mondragón, a Miguel Costas de Siniestro Total e Aerolíneas Federales, a Bernardo de Los Refrescos, Cómplices e Iguana Tang; asemade anunciou a actuación da cantante Sés, tamén na praza do Seminario, abrindo as festas o día 4, e dos grupo Mastodonte, liderado por Asier Etxeandia e das galegas Tanxungueira en Santa María. A edil de cultura anunciou que nos vindeiros días dará conta do resto de grupos e artistas que actuarán nas patronais lucenses.
Set 06, 2019 - 09:18 PM
Jijijiparabens