Carlos Armesto Carlos Armesto

Os Populares afean ao BNG por asegurar que 25.000 euros é un soldo miserable

O vicevoceiro do Partido Popular na Deputación Provincial censurou “que os deputados nacionalistas se permitan o luxo de asegurar que unha dedicación parcial de 25.000 euros é un soldo miserable, cando moitos veciños, alcaldes e edís da provincia non chegan a el”.

Armesto defendeu a moción que presentaron para a redución de cargos do BNG na Deputación, “xa que non tiña sentido que o os nacionalistas con só dous deputados mantiveran 9 asesores e dúas dedicacións exclusivas completas, mentres que o PP con doce deputados dispoña de tres asesores e tres dedicacións”. Ademais indicou “que coas emendas rexistradas no último pleno o custe para os lucenses redúcese en  268.700,76 euros”. Aínda así, os populares defenden que o BNG segue sobre-representado  e moi beneficiado desde o punto de vista das achegas que recibe da Deputación en concepto de asignación económica aos grupos, salarios e persoal de apoio.

Sumando estes tres conceptos, segundo os populares, os datos son os seguintes: O PP con 12 deputados recibe un total anual 488.590,56 euros; mentres que o  BNG con 2 deputados recibe un total anual de  206.876,46 euros.

Pola súa banda o BNG dixo por boca dos seus deputados que continuaran na Deputación,”por que non nos anulan cunha presada de cartos”. O deputado nacionalista Xose Ferreiro afirmou que “non imos permitir que nin Candia, nin Martínez nos digan cando temos que estar no goberno e cando non” e sinalou que “asumiría, sen dedicación exclusiva, as tarefas de goberno”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com