O GMPP criticou esta mañá en rolda de prensa que varias obras da cidade se vaian executar “tarde, mal e incompletas”, en referencia ás intervencións en Rof Codina, Noriega Varela e Ramos Misioné, todas elas incluídas no Plan de Investimentos apoiado polo PP e “que terán unha solución parcial que non atende ás demandas veciñais malia a todo o tempo que levan pendentes”.
O edil popular Antonio Ameijide, afirmou que no caso de Rof Codina o proxecto aprobado polo goberno local non resolve os problemas que existen na beirarrúa dereita en dirección cara á Ronda das Fontiñas dende Montirón, xa que non se dá continuidade ao itinerario peonil da zona nos dous puntos nos que xa está interrompido na actualidade: á altura do centro de día e ao da palmeira.
Antonio Ameijide: